Galicia segue por debaixo da media española en vacinación

Administrouse o 79,4 por cento das vacinas recibidas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Galicia administrou o 79,4 por cento das vacinas recibidas, o que a aproxima á media española na dispensación das doses (situada no 81,8%) despois das vacinacións masivas programadas para o inicio desta semana e de continuar a inmunización en Semana Santa.

Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Pfizer no ambulatorio Virxe Peregrina, en Pontevedra
Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Pfizer no ambulatorio Virxe Peregrina, en Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Pero os datos deste informe do Ministerio de Sanidade correspóndense ás cifras con data de este mércores 7 de abril, cando aínda non se suspendeu o uso da vacina de Astrazeneca para os menores de 60 anos, o que obrigou a Galicia a suspender, na xornada deste xoves, a vacinación dun total de 1.400 traballadores esenciais que foran citados para este día, aos que se lles reprogramará.

Galicia, segundo os datos do ministerio deste xoves, recibiu 180.300 vacinas de Astrazeneca, das cales inxectou 140.903 doses. Deste total, fontes da Consellería de Sanidade confirmaron que só 21 completaron a pauta completa.

Ademais, Galicia recibiu ata agora 532.465 dose de Pfizer e 73.600 de Moderna, o que fai un total de 786.365 doses fornecidas, das cales foron administradas 624.745 vacinas, o 79,4 por cento.

O informe do Ministerio tamén revela que, do total de persoas que recibiron a vacina, só 182.845 completaron a pauta e outras 441.900 contan só coa primeira dose.

Galicia ten inmunizada con vacinas ao 7,7 por cento da súa poboación e o 18,7 por cento ten, polo menos, unha dose posta.

Cos datos do informe elaborado este xoves, Galicia é a quinta comunidade pola cola en índice de vacinación con respecto ás doses recibidas, por diante de Aragón, Canarias, Cantabria e Castela e León, de forma que mellorou a súa posición con respecto á xornada anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta