A Xunta sitúa xa a formación práctica da FP "en cifras precovid"

O próximo curso, indica o conselleiro de Cultura, lanzarase un "proxecto pioneiro" en colaboración co tecido empresarial: os másteres de FP.

Por E.P. | VIGO | 09/04/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, remarcou que a formación práctica na FP "neste curso 2020/2021 volve situarse en cifras precovid, con máis de 14.000 alumnos en máis de 8.200 empresas". Así o manifestou este xoves, nun acto no que puxo en valor a importancia da colaboración das empresas tanto no módulo de Formación en Centros de Traballo como "no éxito" da FP Dual.

"Sen a colaboración do conxunto do tecido empresarial non situariamos á FP galega na posición que ocupa na actualidade", subliñou o conselleiro, que engadiu que esta "formación innovadora e moderna" tamén "permite dotar as empresas de traballadores cunha formación especializada e orientada á contorna laboral".

Neste contexto, Rodríguez lembrou que a Xunta vai lanzar o próximo curso "un proxecto pioneiro" en colaboración co tecido empresarial. Trátase dos másteres de FP, unha iniciativa coa que pretenden impulsar "unha quincena de cursos de especialización de ata 700 horas de duración".

En concreto, a oferta abarcará áreas con "unha amplísima demanda" no ámbito laboral, como a fabricación intelixente, o desenvolvemento de videoxogos, a intelixencia artificial, o 'big data' e a ciberseguridade.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta