Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 13:07
As axudas autónomicas para o desenvolvemento de actividades de promoción do galego nos concellos incrementan o seu presupesto este ano un 40% ata alcanzar os 350.000 euros. Así figura na convocatoria publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) para uns apoios económicos que os municipios de máis de 3.000 habitantes poden solicitar desde este sábado ata o próximo 10 de maio.
Estas axudas están orientadas a sufragar os custos da "creación, reforzo e mantemento de unidades téncias especializadas" en lingua galega, ademais da organización de actividades específicas de dinamización lingüística. Segundo destaca a Xunta nun comunicado, a convocatoria deste ano pretende alcanzar como "eixos estratéxicos" ámbitos como o deporte, a mocidade, as novas tecnoloxías, o tecido empresarial, a igualdade e a perspectiva de xénero.
Estas axudas, que poden dar cobertura a actividades realizadas entre xaneiro e outubro deste ano, encádranse nas accións de promoción do uso do galego desde o ámbito local que contempla a programación da Consellería de Cultura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.