Bugallo pide "prudencia absoluta" para conter a pandemia en Santiago

O alcalde está "razoablemente satisfeito" coa evolución da covid-19 en Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este venres que está "razoablemente satisfeito" coa evolución da covid-19 na cidade, onde actualmente hai 57 casos activos.

Nunha rolda de prensa, o rexedor destacou que, tras "unha evolución negativa antes de Semana Santa", nos días posteriores houbo unha "lixeira mellora". De feito, apuntou, baixouse de 74 casos a 57 nunha semana.

Con todo, Sánchez Bugallo subliñou que a influencia da Semana Santa saberase "aínda a semana que vén" polo que pediu "prudencia absoluta". "Oxalá se poida abrir máis, pero, de momento, non é mal resultado que manteñamos o que temos", resolveu.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta