Traballadores da antiga Ferroatlántica volven concentrarse para esixir o plan de viabilidade

O comité denuncia "mentira, pasotismo e abandono" e atribúe ao conselleiro de Ecomomía, Francisco Conde, "boas palabras" sobre "compartir información puntualmente" que "non van acompañadas de feitos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

Traballadores da antiga Ferroatlántica na Costa da Morte --hoxe en día denominada Xeal-- volven concentrarse este venres, "fartos de tanta inacción da Xunta", segundo o comité de empresa, para esixir o plan de viabilidade dos novos propietarios.

Ante o Concello de Cee, os traballadores continúan coas mobilizacións semanais para reclamar o arranque dos fornos e rexeitar "o desprezo absoluto" do Goberno galego "ante a progresiva deterioración das fábricas" e a perda de emprego.

O comité denuncia "mentira, pasotismo e abandono" e atribúe ao conselleiro de Ecomomía, Francisco Conde, "boas palabras" sobre "compartir información puntualmente" que "non van acompañadas de feitos".

Así, descoñece a día de hoxe "os termos concretos do contrato de compravenda entre Ferroglobe e TPG" e asegura que "non se investiu no complexo industrial nin un só euro dos millóns prometidos".

Concentración traballadores Ferroatlántica. REMITIDA - Arquivo
Concentración traballadores Ferroatlántica. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta