En liberdade provisional o detido en Xirona por conducir contra dirección e cun cadáver de copiloto

Os Mossos d'Esquadra detivérono o xoves sobre as 12 horas tras recibir o aviso de que un coche circulaba en dirección contraria e ao atopar no asento do copiloto un cadáver en "importante estado de descomposición".

Por E.P. | | 09/04/2021 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución 1 da Bisbal d'Empordà (Xirona) deixou en liberdade provisional ao home detido o xoves por conducir uns 30 quilómetros contra dirección na autoestrada AP-7 e cun cadáver no asento do copiloto.

O xuíz prohibiulle conducir en toda España e mantén a causa aberta por un presunto delito de condución temeraria, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC).

Os Mossos d'Esquadra detivérono o xoves sobre as 12 horas tras recibir o aviso de que un coche circulaba en dirección contraria e ao atopar no asento do copiloto un cadáver en "importante estado de descomposición".

Fontes próximas á investigación explicaron que o condutor, de 66 anos, dixo aos axentes que era a parella do falecido, de idade avanzada.

O detido é de orixe galega con dobre nacionalidade española e suíza, e a policía catalá está a levar a cabo xestiones para pescudar se fixo unha ruta por varios países antes de chegar ao Baix Empordà.

Á espera dos resultados da autopsia, dos que o xuíz instrutor disporá este sábado, a policía catalá informou o xoves de que non se observaron "indicios claros de criminalidade" no corpo.

Mossos
Mossos | Fonte: Francesc Bosch

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta