A comisión de igualdade do Parlamento estudará os efectos da pandemia sobre os dereitos das mulleres

A parlamentaria socialista, Isaura Abelairas, apelou a que o traballo da comisión "non quede en papel" para trasladar a sociedade as súas conclusións a través de políticas públicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Estudar os efectos da pandemia de covid-19 sobre os dereitos das mulleres é un dos obxectivos marcados para o desenvolvemento da comisión non permanente de estudo para a igualdade do Parlamento de Galicia, que este venres aprobou o seu plan de traballo.

En total, o esquema contempla a solicitude de 20 informes e documentos e a comparecencia de 61 persoas ao longo da presente lexislatura que, salvo adianto electoral, pecharase no ano 2024.

Na súa intervención ante a Cámara, a deputada do PPdeG Paula Prado apelou a cumprir coa "responsabilidade" desde o Parlamento de abordar as "necesidades laborais das mulleres no contexto da pandemia".

"Son moitos os estudos e as voces expertas que advirten de que esta crise está a afectar ás mulleres de forma moi relevante, e iso repercute na súa autonomía económica e incrementa a súa vulnerabilidade social", engadiu Prado.

Pola súa banda, a parlamentaria socialista, Isaura Abelairas, que apelou a que o traballo da comisión "non quede en papel" para trasladar a sociedade as súas conclusións a través de políticas públicas.

Comisión parlamentaria
Comisión parlamentaria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta