O Sergas vacinou este sábado a 24.100 galegos, máis de 6.400 con AstraZeneca

A participación sobe con respecto ao venres e alcanza o 91,78%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vacinou ao longo da xornada do sábado a un total de 24.104 persoas que se achegaron ata os puntos de vacinación masiva dispoñibles en Galicia. De todas elas, 17.675 recibiron dose de Pfizer-BioNTech e os 6.429 restantes, de AstraZeneca.

Segundo datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade, para este sábado estaban citadas para recibir a vacina de Pfizer 19.258 persoas --convocados e 'repescados' de días anteriores-- entre 75 e 79 anos. Deste xeito, ao acudir 17.675, a participación alcanzou o 91,78%.

Por tanto, a porcentaxe de vacinados sobre os citados, sen ter en conta aos 'repescados', supón un incremento con respecto ao 88,51% de concorrencia que conseguiu a vacinación nesta mesma franxa de idade durante a xornada do venres, na que recibiron dose 29.145 galegos dun total de 32.930 convocados.

En canto á vacinación con AstraZeneca, este sábado recibiron o medicamento 6.429 persoas. Con todo, descoñécese por agora a porcentaxe de participación, xa que Sanidade tan só informa de que estaban citadas polo Sergas 5.645 persoas, pero a estas habería que sumarlles as 'repescadas'.

Fila de pacientes que esperan para recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios de idades. Rosa Veiga - Europa Press
Fila de pacientes que esperan para recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios de idades. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta