A Coruña albergará unha mobilización de homenaxe á República no 90 aniversario da súa proclamación

Contará coa presenza de grandes da cultura galega como Isabel Risco, Manuel Lourenzo ou Xurxo Souto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O 14 de abril de 1931 foi martes, e, en España, o día de proclamación da Segunda República; ese efémero soño democrático que resultaría rachado tan só 5 anos despois pola represión do que había rematar sendo o réxime de Franco. Para lembrar a data --e reclamar unha república-- a plataforma Galiza pola República vén de convocar unha mobilización na cidade da Coruña coa que rememorar o 90 aniversario dunha data histórica na historia do estado.

Bandeira da República ao paso da manifestación da CIG o Primeiro de Maio en Santiago
Bandeira da República ao paso da manifestación da CIG o Primeiro de Maio en Santiago | Fonte: M.V.

A mobilización, con todo, non terá lugar o mércores 14 senón o martes 13, e está convocada para as 19:30h no chamado Cantón Grande, arredor do coñecido obelisco coruñés. A cita contará coa presenza de recoñecidos intelectuais galegos, entre eles a actriz Isabel Risco, o actor Manuel Lourenzo, o músico Xurxo Souto, Beatriz Gómez Amigo (primeira presidenta da CRMH) e o escritor Henrique Rabuñal; que lerán un manifesto en apoio ao réxime republicano.

A mobilización, que contará co apoio de 73 entidades e centros sociais, contará tamén cunha actuación de Alba María Rodríguez, regueifeira, cantante e investigadora. A cita, que coincidirá co 90 aniversario da república, chega nun momento en que a coroa española navega por mares incertos trala fuxida do emérito, para o que Galiza pola República tamén ten palabras: “Nunca condenou a ditadura franquista, xustificaba a sublevación contra a democracia e nas súas manifestacións públicas falaba da ´legitimidad política surgida el 18 de julio de 1936’”, explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta