Temas: BUGALLO

O Concello de Santiago prepara un aumento do gasto social grazas aos remanentes

Bugallo confía en pechar esta semana "algún acordo" sobre o reparto dos fondos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confía en pechar esta semana "algún acordo" sobre a repartición de remanentes e, se isto non é posible, avanzou que o goberno local formulará a súa propia proposta para levala a pleno do 29 de abril.

"Non temos moita máis marxe de tempo porque por parte dos sectores sociais úrxennos a que saquemos a convocatoria", dixo o rexedor, que recoñeceu que o compromiso era sacar estas axudas na primeira quincena de abril, algo que "non puido ser por falta de acordo" e dado que "ata o 31 de marzo --os remanentes-- estiveron bloqueados".

Agora, o consistorio traballa co horizonte de que sexa aprobado esta repartición no pleno ordinario de abril, aínda que o alcalde non quixo precisar en que cuestións estaría disposto a ceder en base á proposta enviada aos partidos da oposición.

Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO
Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO

Temas: BUGALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta