Feridos tres operarios tras caerlles enriba un muro nunha obra en Pontevedra

Un veciño da zona deu a voz de alarma tras presenciar o incidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Tres operarios resultaron feridos en Pontevedra ao caerlles encima un muro mentres traballaban nunha obra nas proximidades da Rúa Luís Seoane na mañá deste luns. Segundo informou o 112 Galicia, este accidente laboral tivo lugar sobre as 11,00 horas deste luns e foi un veciño da zona quen deu a voz de alarma tras ser testemuña do incidente e comprobar que os traballadores necesitaban asistencia médica. Con estes datos, os xestores do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Policía Nacional e Protección Civil de Pontevedra.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta