Galicia rexistrou un mes de marzo anormalmente seco

As precipitacións rexistradas estiveron un 80% por baixo do valor climático normal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Galicia viviu un mes de marzo moi seco, caracterizado por frecuentes situacións anticiclónicas que deixaron escasas precipitacións, concretamente, unha media que estivo un 80% por baixo do valor climático normal.

Así o indican os datos que se desprenden do avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia, que conclúe que esta situación climática anormal, ademais de polos frecuentes anticiclóns, viuse agravada por "a escasa actividade das poucas borrascas que chegaron a Galicia".

A precipitación media acumulada foi de tan só 25 litros por metro cadrado, "sendo o terzo norte da comunidade onde se alcanzaron os valores máis altos, ata uns 50 litros por metro cadrado". Así, segundo sinalou Meteogalicia, o valor medio para o conxunto do territorio galego foi un 79% máis baixo ao período de referencia 1981-2010.

En canto ás temperaturas, non se afastaron demasiado dos valores medios habituais. Os termómetros marcaron, de media, uns 11ºC, unha cifra moi próxima ao valor climático, 10,8ºC. As máximas foron de 15,2ºC de media, mentres que a temperatura mínima foi de 4,1ºC.

Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta