Santiago rexistrou nove festas ilegais durante a fin de semana, cinco durante o venres

No caso dos incumprimentos do toque de queda, a Policía Local propuxo para sanción a dez cidadáns, cinco deles na noite do sábado ao domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago de Compostela acudiu a un total de nove festas en pisos ao longo do pasado fin de semana, segundo consta no parte de incidencias do Concello entre as 8,00 da mañá do venres e as 8,00 do luns.

De todas as festas contabilizadas, a maioría --cinco-- foron notificadas na noite do venres. Tras este día está o sábado, con tres celebracións intervidas, e finalmente o domingo, con só unha.

No parte de incidencias da capital galega tamén figuran seis propostas para sanción por non empregar a máscara obrigatoria --cinco o venres e una o sábado-- e outras dúas denuncias por cidadáns que fumaban sen respectar a distancia de seguridade --ambas o venres--.

No caso dos incumprimentos do toque de queda, a Policía Local propuxo para sanción a dez cidadáns, cinco deles na noite do sábado ao domingo. A estas súmanse tres multas na noite do domingo ao luns e outras dúas na do venres ao sábado.

Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta