Un novo falecido con covid tras dous días sen incidencias

As vítimas ascenden a 2.369.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este luns un novo falecido con coronavirus en Galicia. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase ata 2.369.

Esta morte dun home no Complexo Hospitalario Universitario (CHUS) produciuse o pasado domingo, 11 de abril. Contaba con patoloxías previas.

Deste xeito, esta persoa falecida rompe con dous días sen que a Consellería Sanidade notificase mortes. O anterior óbito comunicado foi o pasado venres, unha muller de 77 anos no CHUS.

Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021. A vacinación masiva programada para a tarde deste martes en Santiago sofre atrasos e producíronse colas e aglomeracións ás portas. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021. A vacinación masiva programada para a tarde deste martes en Santiago sofre atrasos e producíronse colas e aglomeracións ás portas. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta