A cámara recoñerá como violencia de xénero aquela exercida a través dos fillos

A proposición de lei busca a protección das mulleres vítimas de violencia machista a través do asasinato dos seus fillos, o que se coñece como violencia vicaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O tres grupos políticos con representación na Cámara galega --PPdeG, BNG e PSdeG-- apoiaron este martes a toma en consideración dunha proposición de lei para reformar a norma galega de violencia de xénero de forma que recoñeza ás vítimas da coñecida como violencia vicaria.

Populares e socialistas apoiaron este martes cos seus votos a toma en consideración dunha proposición non de lei defendida pola líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, quen chamou a atención sobre o feito de que "a día de hoxe" a lei non recoñeza como vítimas de violencia machista ás mulleres que "perden aos seus fillos a mans dos seus maltratadores".

"Estas mulleres, a día de hoxe, non teñen a consideración de vítimas de violencia machista e, por tanto, non teñen os dereitos e a maior protección que outorga o estatuto de vítima de violencia de xénero", sinalou Pontón, que afirmou que tampouco "están amparadas polos protocolos de atención previstos".

Por iso, destacou que "cambiar esta situación" é o obxectivo desta iniciativa para a que pediu o apoio do resto das formacións da Cámara galega, un respaldo que trasladaron a popular Paula Prado e a socialista Noa Díaz durante o debate.

Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo
Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta