A Xunta quere ter vacinada a case o 30% da poboación galega.

A previsión do Sergas baséase na chegada das vacinas das diferentes marcas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que o Sergas prevé que o 29% da poboación diana de Galicia estea vacinada, con polo menos unha dose, a finais desta semana. Con datos deste luns, a Comunidade galega contaba con 546.630 persoas, o 23,1%, e a previsión é que a finais desta semana a cifra alcance as 685.130 vacinados, unhas 138.000 persoas máis.

Nunha comparecencia a petición propia, García Comesaña explicou algunhas das liñas xerais da estratexia de vacinación nos próximos días. Por exemplo, avanzou a chegada de 8.500 doses de Janssen, prevista para o colectivo de entre 70 e 79 anos e que é dunha soa dose, ser fará vacinación a domicilio.

Ademais, esta semana chegarán 7.500 dose de Astrazeneca, o que permitirá este fin de semana vacinar a 15.000 persoas do colectivo entre 60 e 65 anos.

Coas 35.000 doses de Moderna, inocularanse ás persoas do grupo sete da estratexia de vacinación, persoas de alto risco (diálese, persoas que acoden ao hospital de día). Ademais, esta semana administraranse máis de 50.000 vacinas de Pfizer, das cales 34.000 será para segundas doses e 20.000 para persoas ás que se vacinará a domicilio. 

Comesaña indicou que o acelerón que se deu na vacinación nos últimos días situou á comunidade co 93% de doses administradas sobre as recibidas, o que a fixo saltar desde a cola á terceira na listaxe (por detrás só de Estremadura e da cidade autónoma de Melilla).

O conselleiro de Sanidade tamén lanzou unha mensaxe de "tranquilidade" para os colectivos esenciais que recibiron a primeira dose de Astrazeneca e para os que se buscará a mellor solución, e indicou que tamén se buscan solucións para os mutualistas, estudantes de odontoloxía (que este luns saíron á rúa), entre outros.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na rolda de prensa posterior ao comité clínico.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na rolda de prensa posterior ao comité clínico.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta