As residencias de maiores de Galicia levan trece días sen usuarios positivos

Os centros de discapacidade tampouco experimentaron cambios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

As residencias de maiores da Comunidade galega continúan sen residentes positivos desde o pasado 1 de abril e con dous traballadores contaxiados de Covid-19.

Segundo os datos difundidos este martes polas consellerías de Política Social e Sanidade, non se rexistraron novos contagios de coronavirus nin altas con respecto á xornada anterior. Deste xeito, segue un traballador positivo da Residencia Santa Teresa da Cañiza (Pontevedra) e outro caso dun empregado da Residencia de Oleiros (A Coruña). En canto aos centros de discapacidade galegos, non experimentaron cambios e seguen sen rexistrar casos de Covid-19 nin entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

Esta situación prodúcese despois de que, durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistrasen un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse os sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada o 18 de xaneiro.

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas experimentaron un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados. Así, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Comunidade galega, eran 445 os usuarios positivos mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50.

Residencia de maiores Coviastec, en Silleda ( Pontevedra).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Residencia de maiores Coviastec, en Silleda ( Pontevedra).. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta