Feijóo afirma que non subirá impostos e carga contra o Goberno central

O presidente da Xunta ve "evidente que alguén" do PSOE, Montero ou Gabilondo, está "a mentir" nas súas propostas sobre impostos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/04/2021 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este martes na súa negativa a subir impostos en Galicia, pero emprazou o Goberno a "falar coas comunidades autónomas" se pretende acometer unha armonización fiscal entre elas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó | Fonte: Europa Press.

Así se pronunciou na mesma xornada na que xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, apoiaba as palabras da súa ministra de Facenda, María Jesús Montero, quen confesou este luns que ten "especial interese" en subir os impostos de Patrimonio, Sucesións e Doazóns. Todo iso a pesar de que o candidato do PSOE nas eleccións á Comunidad de Madrid, Ángel Gabilondo, prometeu non elevar a presión fiscal aos madrileños.

Neste contexto, Feijóo dixo este martes, tras participar no foro 'Wake Up, Spain!' organizado por 'El Español', que é "evidente que alguén está a mentir".

"O candidato do Partido Socialista di que non vai subir impostos e a ministra de Facenda o que di é que si se van a subir impostos que xestionan as comunidades autónomas: o de Sucesións e o de Patrimonio", explicou o presidente da Xunta, tras o cal emprazounos a "non enganar aos cidadáns". Así, Feijóo tamén suxeriu que, se o Executivo central "fala de facendas autonómicas, terá que falar coas comunidades".

En calquera caso, o presidente galego avanzou que só poderá estar de acordo "se por armonización fiscal se entende axustar impostos á baixa". "Se por armonización fiscal se entende subir impostos, aínda que haxa comunidades que equilibremos as nosas contas e non fagamos déficit, entendo que a eses cidadáns se lles está prexudicando", matizou a continuación.

"Por tanto, sentar e falar si, pero subir impostos de forma continuada e constante a todas e en todas as comunidades autónomas é afastarnos dunha cogobernanza impositiva", sentenciou.

Así mesmo, Feijóo criticou que o Goberno pretenda agora "gravar exclusivamente o aforro" ao aumentar a presión fiscal sobre as sucesións, xa que "vai en contra das formulacións razoables dunha familia" tendo en conta que "morreron 100.000 persoas pola covid".

De igual modo, Feijóo insistiu que na Xunta non están "dispostos a dicirlle aos galegos que paguen o imposto de sucesións", un tributo que desde 2016 xa non paga "practicamente o 99,9 por cento" dos cidadáns da Comunidade.

A pesar diso, reivindicou que a Administración galega pode "presentar unha carta de solvencia" no ámbito financeiro fronte a outras que "probablemente" teñen que subir os impostos porque "teñen déficit".

"Alá eles. Pero desde logo Galicia, que se axusta aos seus ingresos, non gasta máis do que ten e paga o que debe, non está nestes momentos en condicións de apoiar unha suba do Imposto de Sucesións nin tampouco do de Patrimonio", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta