A historia roubada

Hai uns días uns reporteiros da tele, saíron á rúa na capital do reino e preguntáballe á xente si sabían ou coñecían a determinados persoeiros que foran ministros e presidentes no tempo da 2ª república.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/04/2021

Comparte esta noticia
Tamén preguntaban  si a data do 14 de abril lles dicía algo. De todos os entrevistados, agás un señor maior, descoñecían do que se lles estaba a preguntar. Polo que, a  entrevistadora vistos os resultados,  tentaba saber se na escola se ensinaba algo sobor dese tempo histórico.
 
E todos concluían que na historia de España dende  Alfonso XIII pasábase á época de Franco e logo á reforma política que trouxo a democracia. Polo que o periodo  republicano, e o que nel acontecera, era algo que quedaba borrado  para os alumnos como se non existira.
Como xa choveu dende o tempo da transición política,  as preguntas que  buscan unha resposta sobor do acontecido nun periodo tal convulso da nosa historia, son merecentes  dunha contestación. Pois, agora que hai grupos que falan da manipulación na escola e que soñan con volver ós tempos do oscurantismo nas aulas, é o momento de deixar claro que os pobos que descoñecen o pasado  corren o perigo de pegar contra  a mesma pedra na que neses tempos se esnafrou a sociedade española. Ou sexa: na do radicalismo e a do enfrontamento irracional, onde a palabra e o dialogo perde espazo, e gáñao a violencia verbal e o que pode  acontecer despois.
 
Quen esto afirma, e un de tantos cidadáns ós que lle roubaron e manipularon a historia. Pois soamente nos contaron a visión  dende o punto de vista dos vencedores. E soamente soupemos algo do mundo republicano xa de maiores, e contado con moito secretismo. Vamos, como se fose algo prohibido.  Borrar dun plumazo un tempo, agochar  uns anos que tiveron os seus  avances e os seus problemas, e tamén  desordes; obviar  un pasado moi convulso, é como  arrincar e silenciar unha parte da nosa vida  que, pra ben ou pra mal, nos pertence,
Que os estudantes de hoxe, despois de tanto  tempo en democracia, descoñezan os avances e contradicións dunha parte da vida en común, iso ven a ser algo que ofende. Unha alumna dun colexio desta cidade que, nos setenta do século pasado,  estudaba o bacherelato, conta que o profesor lles dicia o seguinte: Que le diría Franco a Hitler para que España no entrara en la segunda guerra mundial. Que argumento le expondría nuestro  Caudillo? Segundo me relata, as alumnas non responderon nada pois descoñecían incluso que houbera unha guerra civil no seu pais. 
 
Despois de escoitar esta anécdota, a resposta parece evidente: pois que lle iba a dicir un tirano ó outro:  que era un aliado seu. Ou sexa: un amigo do nazismo un defensor das súas teses.
 
Se o ser humano se esnaquiza  dúas veces contra a mesma pedra, é maiormente polo descoñecemento da súa historia. Por eso, agora que se cumplén anos da proclamación da segunda república, sería un bo momento pra analizar máis o acontecido nesta época; saber das súas luces, que as tivo,  como foi  a aposta pola cultura e o saber, a liberación da muller;  e tamén as súas sombras,  erros e desmáns que os houbo. Mais o que nunca pode pasar e que lle rouben e agochen partes da historia ós cidadáns, a non ser que se queira que estes vivan  sumidos no descoñecemento e a ignorancia permanente.

Franco e Hitler saúdan a garda alemá en Hendaia, o 23 de outubro de 1940.
Franco e Hitler saúdan a garda alemá en Hendaia, o 23 de outubro de 1940.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com