Temas: FRASEOLOXíA

“Can que (moito) ladra non traba” equivalentes, entre outras moitas, á castelá “perro ladrador, poco mordedor” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 18/04/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Rematamos desta feita, pois, coa segunda entrega dedicada a paremias e secuencias fraseolóxicas galegas que veñen a expresar o mesmo contido cá castelá perro ladrador, poco mordedor.

Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia
Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia | Fonte: Club da Raza Can de Palleiro.

Perro ladrador, poco mordedor

{= 1. Refrán co que se dá a entender que as persoas que andan seguido ameazando, lanzando bravatas ou botando por ela, á hora da verdade non acostuman cumprir a ameaza, a bravata ou a farfantonada (e tamén co cal, en consecuencia, moitas veces se deduce que se hai que velar máis daquelas persoas que non ameazan nin fanfurriñan ou borrean ca daqueloutras que si o fan, xa que á hora da verdade as primeiras adoitan ser máis perigosas ca estas últimas). 2. Por extensión, tamén expresa que aquelas persoas que adoitan fachendear de facer moito, ou moi ben, algunha cousa, están en realidade a disimular o feito de que en verdade a fan máis ben pouco, ou bastante mal.}

Can que (moito) ladra non traba

(O) Can que ladra non morde

Can ladrador non é mordedor

Can ladrador nunca foi trabador

Can que moita ladra pouco traba # pouco morde

(O) Can que ladra non é o que morde

● Tamén, nesta mesma liña:

El gato maullador, nunca buen cazador

Gato maiador, nunca bo cazador && Gato miañador nunca foi rateador && Gato que moito miaña nunca moito caza && Gato berrador nunca foi cazador && (O) Gato berrador non é o máis murador # non é o máis pescador && Gato moi berrador, nin por iso máis rateador # nin por iso máis cazador && (O) Gato moi miañador # moi miador # moi maiador non é o máis rateador && O gato máis miañador # máis miador # máis maiador non é o máis rateador && O gato máis miañador # máis miador # máis maiador non é o máis cazador && O gato máis miador non é o máis pillador && Gato miañador non é o máis pillador && O gato miañador non é o máis cazador && Gato moi miador, non por iso é o máis cazador # non por iso é o máis rateador && Gato maiador non é bo cazador # non foi murador # nunca foi rateador

● E máis tamén:

A galiña que máis canta # que moito canta non é a que máis pon

● E inda, transitando basicamente pola mesma senda:

A quen se lle vai a forza pola boca non lle queda para outra cousa && Quen moito fala non é o que máis obra && A home que moito barulla non lle teñas medo

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús & Surribas Díaz, Noelia: “Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 319-355. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Paz Roca, Mª Carmen: “Aínda novos escritos paremiolóxicos de Vázquez Saco”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 247-293. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Soto Arias, María Rosario: “Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 3, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

- Vidal Castiñeira, Ana: “Aproximación ó ‘mínimo paremiolóxico’ galego. Unha proposta didáctica”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 79-116. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta