A Xunta segue sen facilitar o nome das grandes empresas que participan nos proxectos do Next Generation

"Hai cláusulas de confidencialidade" di o conselleiro do Medio Rural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Un dos asuntos en que se centrou o debate no hemiciclo durante a comparecencia do conselleiro de Medio Rural foi o dos proxectos que presentou a Xunta para optar a fondos europeos para a recuperación fronte á crise do coronavirus, en concreto os referidos ao ámbito primario.

Así, o conselleiro apuntou á biofábrica para confección de tecidos para o sector téxtil e tanto o BNG como o PSOE criticaron falta de información respecto diso, polo que o conselleiro González apelou ás "cláusulas de confidencialidade" coas empresas participantes.

Tamén fixo referencia a iniciativas como a de mobilización de hectáreas de terra abandonada --aludiu aos polígonos agrarios proxectados nas estratexias sectoriais, ás máis de 18.000 hectáreas que espera mobilizar e ás 200 aldeas modelo que prevé crear-- e outra para producir fertilizantes con xurros.

No que se refire a esta última, o deputado do Bloque Xosé Luís Rivas 'Mini' advertiu de que a problemática dos xurros se combate, ao seu xuízo, mediante o redimensionamiento das foxas.

Mentres, o socialista Martín Seco avisou de que este proxecto que os seus impulsores enmarcan na denominada 'economía circular', na súa opinión, soa a "circular merda por Galicia". Ante isto, o titular de Medio Rural replicou que contempla instalacións de almacenamento polo territorio galego.

PAC E LEI DE RECUPERACIÓN AGRARIA

Os chamamentos ao consenso e á importancia de solicitar un posicionamento común no Parlamento galego foron outra constante da comparecencia. Así, o dirixente autonómico pediu o apoio dos grupos para defender ante o Executivo central a postura da cornixa cantábrica no debate da nova política agraria común (PAC), ante o marcado carácter mediterráneo que o Goberno galego achaca á formulación actual.

FORMACIÓN NO LÁCTEO

Na súa intervención, González anunciou a posta en marcha a próxima semana de formación especializada en xestión empresarial para os gandeiros ao amparo da estratexia de dinamización do sector lácteo galego.

Destacou, así mesmo, o sistema de estudo de custos de produción que "permitirá reforzar a posición dos produtores coas industrias", a futura marca 'Leite de pastoreo' e a operación entre a sociedade gandeira Leite Noso e o grupo chinés Oviganic.

Alberto Núñez Feijóo preside a reunión constitutiva da comisión Galicia, Next Generation
Alberto Núñez Feijóo preside a reunión constitutiva da comisión Galicia, Next Generation | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta