A alcaldesa da Coruña reitera que será a comisión técnica a que determine o futuro da fachada marítima

Inés Rey apela á "coordinación" e "cooperación" entre as administracións.

Por E.P. | A Coruña | 14/04/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu remitirse á comisión técnica, integrada polas distintas administracións implicadas, para decidir o futuro da fachada marítima da cidade e, en particular, sobre os peiraos.

O presidente do Porto da Coruña, Martín Fernández Prado, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na apertura do peirao de transatlánticos da Coruña
O presidente do Porto da Coruña, Martín Fernández Prado, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na apertura do peirao de transatlánticos da Coruña | Fonte: Xunta.

Así se pronunciou ao ser preguntada pola proposta da Xunta que, segundo ratificou, pasa porque a Administración autonómica adquira o 51% dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería e outra parte a cargo de Deputación e Concello.

"É unha das propostas que se achegaron por parte das administracións e que se debaterán no seo desa comisión tecnica", dixo.

Sobre a mesma, reiterou que é "un proposta borrador que fai unha das administracións" e engadiu que "todas se irán debatendo no seo da comisión técnica".

Por outra banda, apelou á "coordinación" e "cooperación" entre as administracións para deseñar o futuro da fachada marítima da cidade, sen entrar a concretar se o Concello estaría disposto a abonar diñeiro polos peiraos.

"Non vou falar de hipótese nin futuribles", engadiu remitíndose de novo á convocatoria da comisión técnica, da que dixo que se fará "proximamente" para empezar a traballar "en todas as propostas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta