As oposicións do Sergas para persoal con discapacidade intelectual serán o 24 de abril en Silleda

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

As oposicións do Sergas para prazas de persoal de servizos xerais con discapacidade intelectual serán o 24 de abril en Silleda (Pontevedra), a partir das 10,00 horas. Así figura na publicación feita este mércores pola Consellería de Sanidade no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Un total de 148 persoas --77 homes e 71 mulleres-- aspiran ao nove prazas ofertadas. As probas selectivas terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda.

Na páxina web do Sergas (www.sergas.es) recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas. Ademais, hai un protocolo de medidas anticovid a seguir.

Oposicións ao corpo superior da Xunta
Oposicións ao corpo superior da Xunta | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta