Os empresarios galegos piden prolongar os ERTE máis aló do 31 de maio

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) insiste na necesidade de prolongar os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) máis aló do próximo día 31 de maio "en características similares ás mantidas ata o momento".

O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa
O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Expono a patronal galega para empresas "que continúan coa actividade parada ou limitada por culpa da crise derivada da pandemia e durante o tempo que esta se prolongue".

E é que segundo Juan Vieites trátase dunha das ferramentas "imprescindibles" para seguir mantendo a protección e "supervivencia" de moitas compañías no marco da situación actual.

Por outra banda, a organización empresarial e a Xunta reforzarán a cooperación en asuntos de interese para o tecido produtivo relacionados coa Unión Europea en xeral e tamén, e máis particularmente, coa Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Así o acordaron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o presidente da patronal galega, nun encontro institucional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta