Comeza a repartición de máis de 14.000 computadores entre alumnos en risco de exclusión tecnolóxica

Tamén se conceden bonos de datos para conectarse a Internet de 10 meses.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Xunta comezará esta semana a repartición dos 14.502 computadores portátiles con bono de datos para conexión a internet entre os centros educativos públicos de Galicia e que estarán destinados a alumnado en situación de risco de exclusión tecnolóxica.

Computador en industria.
Computador en industria. | Fonte: ITI - Europa Press.

Esta medida enmárcase no programa 'Educa en Dixital' e enmárcase nun acordo subscrito polo Goberno galego, Rede.es e o Ministerio de Educación e Formación Profesional

En concreto, as entregas iranse efectivizando a medida que os reciba Rede.es, que é a entidade encargada de compralos e distribuílos en todo o Estado. En todo caso, o compromiso da Xunta é realizar os envíos de maneira inmediata.

Os centros serán os encargados de repartir os equipos entre o alumnado que se atope en situación de risco de exclusión, mediante un acordo temporal de cesión coa familia e que non poderá superar a duración do curso académico.

O alumnado beneficiado terá que devolver os computadores ao final do curso, agás que o equipo do centro considere que se dan circunstancias particulares que recomenden o contrario.

A Xunta de Galicia xa dispuña dun fondo propio de preto de 5.000 portátiles con kits de conexión para o alumnado con necesidades para atallar a situación provocada pola pandemia, e que formaba parte do plan de continxencia ante as limitacións de mobilidade.

Ademais, dispón de 20.600 kits de conexión a internet con bono de datos de 10 meses para atender ao alumnado en risco de exclusión dixital, unha cifra que se podería ampliar, en función das necesidades, con bonos de 500 Mbps, no marco do novo concurso de telecomunicacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta