Detidas dúas persoas en Santiago por intentos de atropelo e agresión a policías

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Un condutor e o seu acompañante foron detidos na tarde do martes en Santiago de Compostela por un suposto delito de atentado a axentes da autoridade.

Policía local de Santiago de Compostela
Policía local de Santiago de Compostela | Fonte: Concello de Santiago.

Segundo informa o Concello, sobre as 20,45 horas do martes un vehículo circulaba pola Praza Roxa con catro ocupantes que non levaban máscara, ademais de ir cos portelos baixados coa música "a todo volume".

O vehículo detívose por motivos de tráfico na Rúa Frei Rosendo Salvado, de modo que un axente da Policía Local dirixiuse ao condutor para que detivese o turismo.

Segundo este relato, o condutor fixo caso omiso e iniciou a marcha "bruscamente", o que obrigou a un axente a apartarse da súa traxectoria para non ser atropelado.

Posteriormente, o vehículo foi localizado na rúa Santa Marta, onde se procedeu á detención do condutor e dun ocupante, o cal se negou a baixar do vehículo, tras o que tentou agredir a axentes da Policía Nacional desprazados ata o lugar.

Pola súa banda, o vehículo quedou inmobilizado por circular sen seguro obrigatorio e foi denunciado por non ser sometido á ITV.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta