Traballadores do centro de operacións de Naturgy na Coruña secundan unha nova protesta contra o traslado a Madrid

A decisión da empresa afecta a 28 empregados.

Por E.P. | A Coruña | 14/04/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Traballadores do centro de operacións de Naturgy na Coruña secundaron unha nova protesta contra o traslado deste servizo a Madrid, unha mobilización que contou coa presenza do portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera e o secretario de Organización, Fran Rei, segundo informa esta formación.

Protesta de traballadores de Naturgy afectados polo traslado do centro de operacións a Madrid
Protesta de traballadores de Naturgy afectados polo traslado do centro de operacións a Madrid | Fonte: BNG.

Os traballadores protagonizaraon un corte de tráfico á altura da sede do centro de control operativo desta empresa, na avenida de Arteixo.

'Todo en Madrid, non queda nada aquí' e 'Non ao peche' foron algúns dos cánticos coreados polos traballadores de Naturgy ante un traslado que afecta a 28 empregados.

O BNG lembra que o seu grupo municipal presentou no pleno do pasado 8 de abril unha iniciativa para coñecer as xestións do goberno local ante a situación destes empregados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta