Os falecidos con covid en Galicia elévanse a 2.371 tras unha nova vítima na Coruña

33.000 doses de vacinas administradas en 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este mércores unha nova persoa falecida con coronavirus en Galicia. Deste xeito, a cifra total de vítimas elévase a 2.371 desde o comezo da pandemia.

Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021.
Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021. | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

En concreto, trátase dunha muller de 78 anos, que faleceu o 13 de abril no Complexo Hospitalario Universtario da Coruña (Chuac).

Segundo informa o Goberno galego, esta muller, diagnosticada con coronavirus, presentaba patoloxías previas.

VACINACIÓN

Galicia administrou unhas 33.000 vacinas o pasado martes, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Sanidade --sempre correspondentes á xornada anterior--.

Deste xeito, Galicia administrou até agora 776.617 vacinas das 916.865 recibidas, o que supón o 84,7% do total. Así, sitúase por encima da media española (84,1%).

En Galicia hai 580.171 persoas que recibiron polo menos unha dose, mentres que hai 196.446 persoas coa pauta completa de vacinación.

Pola súa banda, 218.253 de 234.302 maiores de 80 anos recibiron polo menos unha dose, o 93,2%, tres puntos por baixo da media española (96,5%). Son 111.611 os maiores de 80 anos coa pauta completa, o 47,6% do total, por baixo da media española (54%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta