Dous anos de prisión para a drogodependente que roubou nunha tenda de Santiago

Non terá que entrar no cárcere sempre e cando siga tratamento de rehabilitación durante os próximos tres anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Unha muller acusada de traficar con droga e furtar produtos nun establecemento comercial de Santiago de Compostela aceptou este xoves dous anos e tres meses de prisión e unha multa de 3.500 euros polo primeiro delito, así como unha sanción polo outro.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuízo fixado para a mañá deste xoves na Sección Sexta da Audiencia da Coruña con sede en Santiago saldouse con conformidade, xa que a acusada aceptou ser condenada por un delito de furto a un mes de multa cunha cota diaria de dous euros. Ademais, deberá indemnizar ao establecemento con 51,77 euros.

E, por un delito contra a saúde pública coa atenuante de drogadicción, xa que os axentes que a interceptaron tras o furto incautáronlle unha bolsiña con cocaína, aceptou dous anos e tres meses de prisión, así como ao pago dunha multa de 3.500 euros. A pena de prisión suspéndese durante tres anos, coa condición de que non delinca durante ese período e siga tratamento de deshabituación, puntualizaron as mesmas fontes policiais. O Ministerio Público solicitaba catro anos e tres meses de cárcere e o pago dunha multa de 720 euros para esta procesada por traficar con droga e furtar nun establecemento.

Axentes da Policía Local.
Axentes da Policía Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta