A Xunta sitúa nuns 26 millóns o que recibirá de fondos europeos para biodiversidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo, situou nuns 25,7 millóns de euros o que recibirá Galicia de fondos europeos para a recuperación fronte á crise da covid en materia de biodiversidade, "a pesar de presentar máis de 300 millóns" en proxectos, deles 122 correspondentes á Consellería de Medio Ambiente.

En concreto, este departamento presentou unha decena de proxectos para tratar de captar ata 122 millóns do fondo 'Next Generation' pensando no compoñente 4 deste programa, reservado a actuacións para a conservación e restauración dos ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade e cun investimento total previsto de 1.167 millóns de euros de aquí ao ano 2023.

O socialistas Pablo Arangüena preguntou á directora xeral, na comisión parlamentaria de medio ambiente, sobre se cre suficientes estes 10 proxectos e eses 122 millóns.

Na resposta, Belén María do Campo centrouse en criticar as bases "que se fixaron unilateralmente polo ministerio a pesar das alegacións" para a repartición dos fondos, e advertiu de que "se está falando de que a Galicia lle van a corresponder ao redor de 26 millóns". "Iso deberíalle preocupar e ocupar", replicou ao deputado.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, en rolda de prensa.. XUNTA
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, en rolda de prensa.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta