A delegación do Goberno na Coruña pide "respecto" no caso da menor retida e vendida

Pilar López-Rioboo, subdelegada na provincia coruñesa, pide "deixar traballar" á Policía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, pediu "respecto" e "máximo rigor" en relación co caso da menor presuntamente retida e vendida e que deu lugar á detención de tres persoas na cidade herculina nun operativo que partiu dun xulgado de Córdoba.

Así o apuntou tamén, en declaracións aos medios de comunicación, a subdelegada, que explicou que a actuación policial tivo a súa orixe por mandato dun xulgado de Córdoba e que se saldou con "tres detencións de presuntos implicados na compravenda dunha menor, que foi liberada".

Da súa custodia, confirmou, como avanzaron o mércores a Europa Press desde a Consellería de Política Social, que se fixeron cargo os servizos sociais da Xunta.

"Estamos ante un tema de gran sensibilidade polo cal pido o máximo respecto no tratamento informativo e, ademais como é un asunto xudicializado e declarado segredo, pido o máximo rigor", pediu a subdelegada. Ademais, emprazou a "deixar traballar" á Policía Xudicial e ao xulgado para o "total esclarecemento do asunto".

A subdelegada do Goberno na Coruña,  Pilar López-Rioboo. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta