O "enfuchismo" do PP co exalcalde de Fisterra chega ao Parlamento da man do PSdeG

Os socialistas acusan ao PP de empregar a administración para "dar traballo a compañeiros de partido", mentres os populares defenden a valía do exrexedor para o posto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O deputado socialista Martín Seco reprobou o "enchufismo" do excalcalde de Fisterra José Manuel Traba na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader); unha cuestión xa tratada por Galicia Confidencial, mentres o secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Nicolás Vázquez, defendeu que exerce como asesor.

Nunha pregunta formulada na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, Martín Seco remarcou que a colocación de Traba como asesor podería realizarse noutros departamentos da Consellería, pero advertiu de que efectuala nun ente instrumental vulnera a Lei do emprego público de Galicia.

Ademais, reprobou que só se coñeza o salario de dous dos asesores do departamento de Medio Rural e esixiu que se detalle a retribución de Traba, cuxo nomeamento achacou a que "unha vez máis a Xunta búscalle liberación" tras o seu paso pola política. Tamén lembrou que foi imputado no caso 'Orquestra', tras o que a Fiscalía acordou solicitar e sobreseer a causa contra el por falta de indicios para destruír a presunción de inocencia.

Así as cousas, Seco pediu aos responsables autonómicos que "pensen que a administración non é un chiringuito", así como ter en conta que parte do seu persoal "sente esquecido" e afronta unha carga de traballo que "moitas veces é imposible" de asumir. Por iso, chamou á Xunta a utilizar as vías das que dispón "para fortalecer o persoal", en lugar de "dar traballo a compañeiros de partido".

Parlamento de Galicia.
Parlamento de Galicia. | Fonte: Parlamento.

25.000€ ANUAIS

Pola súa banda, o secretario xeral técnico defendeu que a lei establece como "libre" o nomeamento do persoal eventual e remarcou que o de Traba foi realizado polo conselleiro do Medio Rural, José González, tal e como sinalou que está regulado.

Así mesmo, insistiu en que o exrexedor de Fisterra, cuxa retribución precisou que alcanza os 25.000 euros brutos anuais, conta cun perfil "adecuado" para esta función dada a súa "traxectoria encomiable" como biólogo e á fronte dun municipio rural durante anos. Tamén asegurou que non exerce funcións reservadas a funcionarios, senón relativas a asesoramento e restou importancia ao edificio no que leva a cabo o seu labor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta