Ana Pontón considera o debate sobre o estado de alarma "intoxicado" polas eleccións en Madrid

"Se nunha cousa teñen que pór as pilas os gobernos é coas vacinas, porque son a gran esperanza para superar a crise sanitaria e a crise económica", reafirmou a portavoz nacional do BNG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou este xoves que o do estado de alarma é "un debate intoxicado" polas eleccións na Comunidade de Madrid, aínda que reclamou que existan "ferramentas" para que as administracións poidan frear a propagación do virus e reclamou axilidade no proceso de vacinación.

Nun acto en Lugo, a dirixente nacionalista afirmou que en Galicia "están a incumprir os obxectivos marcados" en materia de vacinación. "Nin sequera temos inmunizados con dúas doses a un dos colectivos con maior risco, que son os maiores de 80 anos", engadiu.

Á súa vez, denunciou que "o ritmo tamén é moi lento nas persoas maiores de setenta anos" e pediu que "se axilice a administración de vacinas e se faga, por tanto, menos propaganda e destínense máis recursos para que a campaña de vacinación sexa o máis eficaz posible".

Pontón criticou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, por "presumir de que pode vacinar a 100.000 persoas ao día" estar "á cola de todo o Estado no ritmo de vacinación das persoas maiores". "Se nunha cousa teñen que pór as pilas os gobernos é coas vacinas, porque son a gran esperanza para superar a crise sanitaria e a crise económica", reafirmou.

ESTADO DE ALARMA

En canto á polémica xerada pola proximidade do fin do estado de alarma, a portavoz do BNG subliñou que ese "é un debate que está intoxicado polas eleccións de Madrid".

Aínda así, Ana Pontón afirmou que, "en todo caso, ten que haber ferramentas para cando se produza a desescalada e tomar as medidas necesarias para pór os recursos a disposición das administracións e evitar a propagación do virus".

"É evidente que o estado de alarma é un instrumento que hai que usar no caso de que se dispare o número de contaxiados e se precisen medidas excepcionais", concluíu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta