Cultura subvencionará con entre 9.000 e 13.000 euros ás empresas de exhibición de cinema

Tamén aproba subvencións a festivais de música e artes escénicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deulle hoxe luz verde á convocatoria dunha nova liña de subvencións para empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial dotada con 350.000 euros para apoiar proxectos de adaptación dos espazos, así como de programación e promoción.

Sala de cinema. JCCM
Sala de cinema. JCCM

Estas subvencións serán de 9.000, 11.000 e 13.000 euros en función das pantallas das empresas exhibidoras. A maiores, aquelas que estean en localidades de menos de 25.000 habitanes recibirán 1.000 euros máis. As subvencións serán concedidas en réxime de concorrencia non competitiva, de xeito que as contías se distribuirán cuns límites fixos en función do número de pantallas dos cinemas, primando ademais as salas situadas en localidades de menos de 25.000 habitantes e a proxección de filmes en versión orixinal.

Na actualidade, operan en Galicia 12 empresas exhibidoras de cinema, que dan emprego directo a máis de 250 persoas. Dez delas son entidades independentes con sede social na nosa Comunidade, que xestionan 31 salas e suman 114 pantallas, mentres que as dúas restantes corresponden a empresas de salas comerciais de ámbito estatal.

“Axilízase, deste xeito, a inxección económica que suporán estas axudas para as salas privadas de exhibición cinematográfica, un dos ámbitos claves do sector audiovisual galego, pero tamén un dos máis afectados pola crise sanitaria a diferentes niveis”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

AXUDAS FESTIVAIS DE MÚSICA

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobouas novas bases das subvencións a festivais

profesionais de música e de artes escénicas, segundo as que se reserva unha dotación

de 540.000 euros para apoiar estes eventos,

Así, no caso específico dos encontros musicais, a que se destinan 340.000 euros, retómase

a súa convocatoria despois de que o ano pasado fose suplida por outras vías de apoio ao sector ante a maioritaria suspensión ou modificación dos seus formatos habituais.

Pola súa banda, a modalidade de artes escénicas si puido levarse a cabo en 2020, ano respecto ao que experimenta un incremento orzamentario do 5% para situarse nos 200.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta