Detectan Covid-19 nas ameixas galegas debido ás augas residuais pero en estado "non infeccioso"

O estudo levou a cabo tras detectar a presenza do virus en feces de pacientes infectados e, en consecuencia, nas augas residuais que acaban nas rías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) detectou a presenza do coronavirus SARS-CoV-2 en ameixas da costa galega, aínda que nun estado "non infeccioso".

Mariscadoras anciñando a area | Moaña Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña
Mariscadoras anciñando a area | Moaña Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña

O resultado da investigación foi divulgado nun congreso de estudo da pandemia de covid-19 organizado telemáticamente pola Sociedade Española de Patoloxía Respiratoria, indican os organizadores. Os resultados mostran que o virus ten un "alto grao de degradación do seu ácido nucleico", o que implica un "risco nulo" de contaxio do coronavirus polo consumo de especies acuícolas como os moluscos, conclúen os investigadores.

O estudo levou a cabo tras detectar a presenza do virus en feces de pacientes infectados e, en consecuencia, nas augas residuais. O coronavirus, como outros virus que infectan aos humanos, poden acabar nas augas residuais en cursos de auga que finalmente chegan ás áreas costeiras onde se cultivan moluscos.

O estudo foi realizado por expertos da USC, con axuda de membros da Confraría de Pescadores de Miño, que analizaron doce mostras de sedimentos e outras doce de ameixa (Ruditapes philippinarum e R. decussatus) recollidas entre maio e xullo de 2020 en dous bancos naturais situados en dous pequenos estuarios galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta