Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 12:02
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de parte do Monte Pereira, situado no concello ourensán da Merca.
Segundo informou a Xunta, este monte conta cunha superficie de 229 hectáreas, das que se inscribirán no Rexistro 22,42 hectáreas ocupadas por carballos (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betula celtibérica) e salgueiros, como especies principais, acompañadas de carballos americano (Quercus rubra) e sobreiras (Q suber).
Así, a partir deste sábado, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense os documentos correspondentes a este expediente de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses.
A Consellería do Medio Rural está a tramitar actualmente un total de 31 expedientes de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, que supoñen en conxunto unhas 1.900 hectáreas de terreo. Destes expedientes, seis corresponden á provincia da Coruña, oito á de Lugo, dez á de Ourense e sete á de Pontevedra.
Ademais, na actualidade xa existen 18 masas inscritas no rexistro: dous na provincia da Coruña, oito en Lugo, tres en Ourense e cinco en Pontevedra, cunha superficie total de máis de 1.550 hectáreas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.