O PPdG sae en defensa de Ayuso e cre que conseguirá un bo resultado

O partido asegurou que está a disposición do PP de Madrid e animounos a ir cara á maioría absoluta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou este venres que o partido está "a disposición" do PP de Madrid para participar nos actos "que consideren" durante a campaña para as eleccións autonómicas do 4 de maio.

Ademais, manifestou "todo o respaldo" dos populares galegos cara á candidata Isabel Díaz Ayuso, á que animou a ir cara á maioría absoluta. "Cremos que vai na boa dirección. O resultado do PP na Comunidade de Madrid vai ser un gran resultado", augurou.

Así respondeu Tellado ao ser preguntado, na súa rolda de prensa habitual dos venres, sobre se o PPdeG e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, prevén participar na campaña madrileña. Deste xeito, confirmou que sempre están "a disposición do partido" para formar parte dos actos electorais "que se desenvolven noutros territorios".

"Fixémolo en citas electorais anteriores, sempre condicionados pola situación epidemiolóxica non só galega senón tamén pola do lugar das eleccións", lembrou. En calquera caso, Miguel Tellado insistiu en mostrar o seu respaldo a Ayuso, porque cren que ela é o que Madrid "precisa" e que "está en condicións" de conseguir unha maioría absoluta, algo "tremendamente útil para garantir a gobernabilidade dun territorio".

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, momentos antes de empezar a reunión do Comité Executivo Nacional do Partido Popular, tras as eleccións xerais do 10N, en Madr. Eduardo Parra - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, momentos antes de empezar a reunión do Comité Executivo Nacional do Partido Popular, tras as eleccións xerais do 10N, en Madr. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta