Por fin non hai usuarios nin traballadores contaxiados nas residencias

Hai que remontarse a xullo de 2020 para ter unha xornada sen contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

As residencias de Galicia están libres de contaxios de Covid-19 despois de recibir o alta o último traballador positivo, feito que sucede por segunda vez na pandemia --a anterior foi en xullo do pasado ano--.

Segundo informaron este venres as consellerías de Política Social e Sanidade, saíu da lista por negativizar o último caso activo nas residencias, correspondente a un traballador na Residencia de Oleiros (A Coruña).

Por iso, a 16 de abril de 2021 non hai "ningún residente nin ningún traballador contaxiado" deste coronavirus en todas as residencias de Galicia, nin nas de maiores nin en centros de discapacidade.

Fontes da Consellería de Política Social lembraron que isto xa sucedeu o pasado 22 de xullo, cando as residencias galegas quedaron sen casos de Covid durante varias xornadas.

Esta situación prodúcese despois de que, durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistrasen un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse o sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada o 18 de xaneiro.

Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta