Dous detidos por estafa tras subtraer máis de 1.200 equipos informáticos valorados en case 2 millóns de euros

Desde o ano 2012, os investigados supostamente subtraeron 1.281 equipos informáticos valorados en 1.948.979 euros que foron retirados mediante este sistema durante o últimos nove anos, cifra global sensiblemente inferior ao prezo de venda ao público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo na Coruña a dúas persoas por delito de estafa en relación á subtracción de 1.281 equipos informáticos valorados en 1.948.979 euros.

Así o informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia, que relatou que a investigación se iniciou a mediados do ano pasado, cando se comprobou que unha persoa vendía gran cantidade de material informático (computadores portátiles e tabletas) dunha coñecida marca, sempre novo, en establecementos de compravenda de artigos de segunda man.

Os axentes pescudaron que o vendedor de ditos produtos traballaba nun grupo empresarial do sector tecnolóxico e que actuaba xunto con outro traballador do centro.

A Policía destacou que aproveitaban a súa actividade profesional nese ámbito e a súa posición dentro da empresa para comprar material informático aos provedores, para "logo xustificar as adquisicións mediante a asignación dos mesmos aos diversos proxectos que a súa empresa desenvolvía para as súas empresas clientes". Con todo, ese material non se utilizaba con ese fin, senón que era vendido a terceiras persoas.

"Este sistema de actuación requiría un estudo por parte dos investigados das marxes de beneficio dos proxectos desenvolvidos para as súas empresas clientes, e permitiu durante anos, que os implicados desviasen un gran volume de equipos informáticos", indican as mesmas fontes policiais.

Desde o ano 2012, os investigados supostamente subtraeron 1.281 equipos informáticos valorados en 1.948.979 euros que foron retirados mediante este sistema durante o últimos nove anos, cifra global sensiblemente inferior ao prezo de venda ao público.

Por todo iso, procedeuse á detención dos dous homes, de 45 e 40 anos de idade, por un delito de estafa. Foron postos a disposición da autoridade xudicial. A investigación posterior permitiu a localización da maior parte dos equipos informáticos, os cales foron vendidos en casas de compravenda de segunda man, na contorna dos detidos, a intermediarios ou a través de empresas de informática e plataformas web de venda de efectos. Ademais, a Policía apunta que foron distribuídos a través de todo o territorio nacional mediante empresas de mensaxería.

A Policía Nacional  detén a dúas persoas por delito de estafa por subtraer equipos informáticos na Coruña.. POLICÍA NACIONAL
A Policía Nacional detén a dúas persoas por delito de estafa por subtraer equipos informáticos na Coruña.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta