Galicia non comunica falecidos con covid por segunda xornada consecutiva

Entre setembro e marzo houbo falecidos diariamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia



A Consellería de Sanidade non notificou este venres ningún novo falecemento vinculado coa covid-19 en Galicia. Deste xeito, acumula dúas xornadas consecutivas sen comunicar óbitos.

Entre finais de setembro e finais de marzo comunicáronse falecidos de forma diaria. Desde entón anótanse sete xornadas sen comunicación de falecidos.

A segunda metade do mes de xaneiro e o inicio de febreiro foron os momentos nos que máis mortes se rexistraron na terceira onda, coincidindo co pico tras as festas de Nadal. Naquela etapa, notificáronse en varias ocasións máis dunha trintena de vítimas mortais diarias. A cifra máxima comunicouse o 1 de febreiro, con 40 falecidos --aínda que correspondentes a varios días--.

Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021. / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Unha longa fila de persoas aglomérase na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021. / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta