Ecoloxistas piden á Xunta que protexa unha parella de cegoñas que aniñou nun guindastre de Ourense

Reclaman que se se ten que facer unha intervención de urxencia na zona, debería ser baixo a supervisión de Medio Ambiente.

Por E.P. | OURENSE | 17/04/2021 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción solicitan á Consellería de Medio Ambiente que protexa a unha parella de cegoñas brancas que aniñou nun guindastre da construtora Copasa en Ourense.

Segundo denuncian nun comunicado, un operario que se achegou o pasado xoves ata as aves no guindastre provocou que a cegoña que se atopaba incubando saíse voando asustada en busca da súa parella, con risco para as súas crías.

Por iso, piden unha sanción para a construtora ou o responsable directo da infracción. Ademais, requiren que se se ten que facer algunha intervención de urxencia na zona, debería ser "sempre" supervisada por persoal da Consellería de Medio Ambiente para non pór en risco o ciclo reprodutor das cegoñas.

Niño de cegoñas en Ourense. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN
Niño de cegoñas en Ourense. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta