Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 15:43
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que "ao redor do 70 por cento" das persoas de entre 60 e 65 anos convocadas en toda Galicia este sábado para recibir a vacina contra a covid-19 acudiron á súa cita.
En concreto, de acordo con cifras que expón o Sergas nun comunicado, recibiron a primeira dose de AstraZeneca --a que lles corresponden por grupo de idade-- un total de 11.286 persoas
Ao longo do sábado houbo un total de 14 puntos de vacinación habilitados por toda Galicia. Por áreas sanitarias, na da Coruña-Cee recibiron a primeira dose 2.331 pacientes de 60 a 65 anos, mentres que en Vigo acudiron 2.164.
Así mesmo, na área de Santiago-Barbanza vacináronse 1.964 persoas; en Lugo-A Mariña-Monforte, 1.467; en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 1.321; en Pontevedra-O Salnés, 1.191; e en Ferrol, 848.
Este domingo, o Sergas continúa coa vacinación masiva en grandes recintos, para o que citou a uns 25.000 pacientes de máis de 70 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.