O bólido avistado en Galicia o venres entrou na atmósfera a 61.000 k/h

Abandonou a órbita terrestre 87 quilómetros por enriba do mar mediterráneo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/04/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O corpo celeste que foi avistado na noite de venres en varios puntos de Galiciae era un bólido, un pedazo de asteroide que entrou na atmosfera terrestre a cerca de 61 mil quilómetros por hora. Tras entrar por Galicia e cruzar a península deixou de ser visto no mar mediterráneo, xunto á costa de Almeria.

O corpo celeste percorreu os ceos durante máis dun minuto, levando a que miles de persoas testemuñasen o fenómeno. De acordo cos detetores da rede de bólidos e meteoros do Suroeste da Europa, en Toledo, Almeria, Granada e Madrid e a Fundación Astrohita, a rocha entrou na atmosfera a 61 mi quilómetros por hora, acabando por abandonar a órbita terrestre 87 quilómetros por enriba do mar mediterráneo.

De acordo co astrofísico José Maria Madiedo, do Instituto de Astrofísica da Andalucía, trátase dun "bólido gozador", unha bóla de fogo que se orixina cando unha rocha entra na atmosfera terrestre de forma "tanxencial", seguindo unha traxectoria case paralela ao solo.

Explica que algunhas destas rochas, como foi o caso da deste venres, nin sempre se desintegran, acabando por regresar ao camiño que seguían no espazo, mais nunha órbita lixeiramente distinta.

Bólido visto nos ceos de Galicia
Bólido visto nos ceos de Galicia | Fonte: Tuiter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta