A xornalista Marta Veiga gaña o XVIII Premio Johán Carballeira cunha reportaxe sobre a pandemia

A peza fora publicada na Revista Luzes en xuño do 2020.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/04/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A redactora Marta Veiga Izaguirre foi a gañadora do XVIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo, convocado polo Concello de Bueu (Pontevedra), cunha reportaxe titulada 'Cantigas para despois dunha pandemia' e publicado na Revista Luzes en xuño de 2020.

A resolución do xurado foi adoptada este domingo, segundo trasladou o Concello. Así, o grupo que escolleu á galardoada estivo formado polo presidente da Asociación de Amigos Johán Carballeira, Manuel A. Mosteiro, o xornalista David Lombao e a gañadora da anterior edición, Nieves Neira.

Na acta, o xurado destacou que a reportaxe "ofrece un relato no que se tratan problemas previos á pandemia que continuarán despois desta e para os que se ofrecen solucións a través de fontes expertas e un tratamento que foxe do conxuntural".

Ademais, sinalou que o traballo premiado "destaca polo seu estilo e a estrutura a modo de conversación, cun humor acedo que non cae na frivolidade". Tamén resaltou que a reportaxe aborda o aspecto social e político da pandemia, "máis aló de datos e cifras", e valorou a calidade dos traballos presentados a esta edición.

O xurado reúnese para escoller o gañador do certame. CONCELLO DE BUEU
O xurado reúnese para escoller o gañador do certame. CONCELLO DE BUEU | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta