A Xunta comeza a operación Renove Electrodomésticos para axudar a mercar 20.000 novos electrodomésticos

Poderán solicitarse desde este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Os cidadáns interesados en participar no programa Renove Electrodomésticos poden solicitar desde este martes, 20 de abril (9,00 horas), estas axudas da Xunta coas que prevé chegar a 20.000 fogares.

Estas axudas están destinadas á adquisición dos seguintes electrodomésticos: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouzas A, B ou C; e encimeira de indución total.

O Goberno galego destina tres millóns de euros a estas axudas, un 70% máis que na anterior convocatoria. Serán de concorrencia non competitiva, deben presentarse por medios electrónicos (https://sede.xunta.gal) e resolveranse por orde de entrada. Hai 400 entidades adheridas, que pode pedir a súa participación ata o 30 de xuño.

Os apoios poderán alcanzar o 25% do prezo de electrodomésticos para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos. Así, as axudas irán dos 100 aos 450 euros. Cada beneficiario poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos.

Fotos Xunta /Vicepresidencia Segunda /R.P. Inega.. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta /Vicepresidencia Segunda /R.P. Inega.. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta