Feijoo pide que o certificado de vacinación permita aos galegos moverse entre países

O Presidente da Xunta recalca o valor sanitario e social que teñen estes certificados.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/04/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou que o Consello Interterritorial "debe valorar que utilidade" ten o certificado de vacinación contra a covid-19 posto en marcha en Galicia.

Así o comunicou este luns, durante un acto celebrado en Vigo, no que lembrou que o novo certificado de vacinación acredita que unha persoa se vacinou no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e especifica onde se vacinou, a marca da vacina que se lle dispensou e o número de lote de cada dose. 

Neste contexto, apuntou que o Consello Interterritorial "debe valorar" que a utilidade destes certificados, para o que chamou a que "debata o valor non só sanitario, que de seu é suficientemente explícito, senón o valor social que supón que unha persoa estea vacinada". 

"Da mesma forma que se pide para entrar en España unha PCR a calquera persoa que nos visita, neste caso, calquera galego que acredite que está vacinado debería ter as posibilidades de mobilidade e accesibilidade que teñen as persoas cunha PCR recente", concluíu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita ás obras da estación intermodal de Vigo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita ás obras da estación intermodal de Vigo | Fonte: Europa Press

Durante o propio acto, Feijóo tamén puxo o foco na incidencia do virus na cidade de Vigo. Así, chamou á poboación viguesa a cumprir cos compromisos e os protocolos fronte á pandemia e animouna a vacinarse. A colación diso, agradeceu o "exemplo" que deu este domingo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cando acudiu "a vacinarse con optimismo". "A vacina é a solución, e non o problema; é a única solución", selou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta