A Xunta busca dar "un novo salto" en Eduación con 'contratos-programa' centrados en "innovación"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Xunta busca dar "un novo salto" na configuración do sistema educativo co horizonte posto no próximos dez anos a través da continuidade dos 'contratos-programa' que, durante esta década, pivotarán ao redor das ideas de "innovación" e "inclusión".

Así o destacou o conselleiro de Cultura, Eduación e Universidade, Román Rodríguez, na súa intervención no acto, desenvolvido na Cidade da Cultura este luns, que servio de repaso ao dez anos do 'contrato-programa' para os centros educativos.

Ao longo da década transcorrida desde a creación desta iniciativa, os programas desenvolvidos polos centros educativos ao amparo destes contratos pasaron de 144 aos case 1.000 do pasado curso. De feito, este ano un de cada catro centros educativos galegos participan nalgunha das nove liñas establecidas.

O conselleiro remarcou que os 'contratos-programa' permitiron "optimizar" as necesidades dos centros educativos e promover a súa "autonomía" a través dunha ferramenta que no seu momento era "absolutamente nova e ambiciosa" e que, dez anos despois, probaron ser un "modelo de éxito".

Neste sentido, Rodríguez apelou a manter a filosofía de evitar caer na "homoxenización" e de "tratar de igual forma o que non é igual" para continuar avanzando en que cada centro educativo teña a posibilidade de articular as accións formativas que crea necesario implantar ante o "novo reto" que se abre para os próximos anos.

NOVA CONVOCATORIA

En canto á nova convocatoria dos 'contratos-programa', o conselleiro lembrou que sairá o próximo mes de maio e estará dotada cun orzamento de 8 millóns de euros.

Un dos aspectos destacados foi a liña que quere actuar como "reforzo" das competencias "non adquiridas" durante o período de confinamento da pasada primavera, cando a primeira onda da pandemia obrigou a interromper o curso a mediados de marzo sen que fose posible renovalo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside o acto de balance da década de 'contratos-programa'. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside o acto de balance da década de 'contratos-programa'. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta