O BNG pide equiparar as condicións laborais dos Gardacostas de Galicia aos demais grupos de vixilancia marítima

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou no Congreso varias iniciativas para reclamar que se equiparen as condicións laborais do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia aos demais grupos de vixilancia marítima.

Diso informou a formación nacionalista nun comunicado, no que reclama que se establezan coeficientes reductores a efectos de ditaminar a idade ordinaria de xubilación do persoal deste servizo. Este feito, segundo sinala a formación, permitiría camiñar na equiparación dos traballadores deste servizo en relación ao do Salvamento Marítimo, por realizar funcións moi similares dentro do ámbito das súas competencias.

O BNG lembra que o Servizo de Gardacostas de Galicia creouse en abril de 2004 desenvolvendo tarefas de vixilancia en augas competencia da Xunta. Ten tanto funcións executivas, como preventivas e paliativas, realizando tamén actuacións dirixidas ao control dos establecementos e actividades de explotación dos recursos mariños desde a súa produción ata a súa comercialización e transporte ao consumo final.

O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, defende a equiparación de condicións nas labores dos Gardacostas xa que "están a realizar actividades e funcións moi similares ás encomendadas no Servizo de Salvamento Marítimo dentro do ámbito das súas competencias en augas galegas".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta