Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:21
A Xunta de Galicia construirá un novo edificio para albergar as urxencias e a PAC do hospital comarcal de Verín. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou este luns o proxecto de ampliación e mellora do Hospital Comarcal de Verín cuxas obras abarcan unha superficie aproximada de 1.500 metros cadrados e contarán cun investimento de 2,4 millóns de euros.
A nova edificación albergará o Punto de Atención Continuada, PAC, e o servizo de urxencias. En canto á PAC, destacou que terá tres consultas: dúas médicas e unha de enfermaría, comunicadas entre si.
Ademais contará cunha consulta para patoloxías respiratorias, "hoxe chámase consulta covid pero será patoloxías respiratorias". Esta consulta terá a súa sala de espera exclusiva. Na área de urxencias está previsto que haxa entre outras: unha área de triaje, dúas consultas polivalentes, unha sala de curas, seis boxes, unha área de observación e pre alta e unha sala de enfermaría.
MELLORA ENERXÉTICA INTEGRAL
O obxectivo da construción é gañar en funcionalidade e mellorar a asistencia e atención aos pacientes, así como dotar ao persoal de mellores instalacións e medios. Ademais, levará a cabo unha mellora enerxética integral do hospital de Verín mediante a instalación de paneis fotovoltaicos e o cambio do illamento térmico da cuberta.do en total 32 millóns de euros.
Ademais, ao tratarse dunha visita á provincia de Ourense, lembrou que na área sanitaria ourensá están en marcha unha obra nas consultas externas do hospital de Valdeorras cun investimento de 450.000euros á que se unirá outra, xa licitada, de 1,4 millóns para reformar cirurxía maior ambulatoria, farmacia e o hospital de día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.