A dialéctica dos mercados

Sempre entendín que o goberno do Estado tiña capacidade para intervir no control daqueles servizos e materias de consumo que se consideran básicas para o funcionamento da sociedade. Deste xeito, cando os combustibles e a luz estaban baixo o control dun monopolio, o goberno era o que finalmente lle poñía o prezo a tales enerxías. Xa sei que eran outros tempos. Logo, baixo a teoría de que, os mercados son os que regulan a economía, e que a liberación e eliminación dos monopolios traería a competencia, e esta, á vez redundaría nun abaratamento dos custes, chegou a situación actual da suba continuada, neste caso da electricidade.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/10/2013

Comparte esta noticia
E o goberno ao deixar de ser o vixiante e controlador dos prezos,   e polo tanto o  garante de que o servizo básico da enerxía  teña un tratamento como un ben  imprecindible,  levounos a situación actual na que, o encarecemento  da enerxía dispárase e, neste  ano con tres subas, chegará a un 11%.
 
Con iste panorama de aumentos constantes, todos argumentados baixo as teorías dos custes de producción do kilovatio, e da débeda acumulada ou déficit tarifario,  chegamos a unha situación que empeza a ser, para as familias,  un tanto insoportable.  E  diante esta situación a  pregunta é a seguinte: cal é a función do goberno e do ministro do ramo Sr. Soria? Pois, se nos atemos as declaracións que fixo sobre a subida do 3 % que entrará en vigor o mes que andamos, un pensa que  tal  ministerio é unha inutilidade. Pois  este Sr. veu a dicir que o goberno non debía intervir na regulación dos prezos da enerxía, dado que a súa intervención sería negativa para o  custe da luz.
 
A verdade é  que moitos cidadáns non entendemos case nada do que acontece. Pois, se as eléctricas no seu día foron beneficiarías das expropiacións de cantidade terras e tiñan cantidade de bulas á hora de esparexer unha rede eléctrica que era básica para o funcionamento da sociedade,  quen goberna agora  esqueze estas cuestións e  deixa de exercer funcións básicas de control; polo que, quen manda  no sector son un conxunto de empresas ávidas de gañar cartos.   Tampouco se entende que, si a liberalización traía beneficios, pois a competencia, dicían,  sempre foi positiva,  como é que agora neste tema  somente funciona o principio da regulación dos mercados e como consecuencia  soio aporta subidas continuadas da electricidade. 
 
Quen nos  goberna deixou de exercer competencias propias para, somentes facer o marco lexislativo legal, claro, despois de escoitar a estas poderosas empresas,  e  deixar que sexan elas, cos seus cambalaches e acordos ocultos, as que nos sisen permanentemente, iso sí, sen gastar un can na reparación dos vellos tendidos, que en moitos  casos están  caendo. 
 
O Sr. Soria, á sazón ministro de Enerxía, deixouno claro. Que o goberno non interveña e que todo siga o curso e o ditado do que digan os mercados. E, quén son os mercados? pregunto eu. Pois son as grandes compañías que o mangonean todo. E os usuarios, a pagar o que diga a dialéctica do liberalismo sen control.
 
Claro, coa bendición  dun  goberno que asinte. Por eso que, pensando ben,  para que queremos un ministro e un ministerio que non pinta nada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com